Fátima Núñez Delgado: "Non participar coma actriz na miña propia obra foi o más difícil"

La actriz, poeta y dramaturga Fátima Delgado.
photo_camera La actriz, poeta y dramaturga Fátima Delgado.

Entrevista a Fátima Núñez Delgado. actriz e productora teatral

“Tras 10 anos facendo teatro, esta é a primeira obra que fago nun formato máis grande e coproducida por teatros públicos; é a miña gran estrea, que non chega da nada”. Así presenta a actriz e dramaturga valdeorresa, Fátima Núñez Degado, a obra “Run Baby Run”, da que se fixo a estrea os días 6, 7 e 8 de outubro no Salón Teatro do Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela e agora comezará a súa xira nacional chegando ata o Teatro Español de Madrid do 22 de febreiro ao 24 de marzo do 2024. 

A temática da obra é a discriminación de xénero no deporte…

Empezo por dicir que eu son allea ó deporte pero a miña parella Raúl Sánchez, é sociólogo do deporte. Nun libriño que ten que se chama “Las cuatro heridas del deporte moderno”, fala de temáticas de xénero, de raza, de clase social. Era o que lles explicaba ós seus alumnos. Nunha conversa de cociña contoume sobre unha atleta á que a estaban discriminando porque as súas condicións biolóxicas parecía que lle podían dar ventaxa respecto ás outras atletas. A min abriúseme un mundo, comecei a ler, él mesmo me asesorou, e a documentarme. Quixen contar unha historia de ficción que bebe de diferentes casos de atletas que por ter unhas condicións biolóxicas diferentes non encaixan na categoría feminina.

O percorrido ata chegar á estrea non foi curto…

Desde logo que non. Eu comecei a escribir este texto en 2017. En 2018 conseguin unha axuda da comunidade de Madrid para escribilo e presenteillo á productora e dramaturga Jana Pacheco ca que estaba facendo un obradoiro. Gustábame moito como traballaba, e a partires de 2020 traballamos en conxunto para intentar sacalo adiante. Presentei o texto a milleiros de teatros pero o primer apoio que tivemos foi por parte do director do Centro Dramátigo Galego, Fran Núñez, que nos propuxo unha coproducción. Despois chegaría a proposta de coproducción de Natalia Menéndez, a directora do Teatro Español e tamén coproduciu Meniñas Teatro, a miña productora. 

A estrea tamén foi a nivel profesional?

Este texto chega despois de moitos anos facendo teatro alternativo. No 2012 puxen en marcha a miña productora, Meniñas Teatro, e levei a escea moitas obras de teatro e poesía. Desta vez, non puiden facer coma viña facendo, escribir a obra para min e interpretala. En este caso, decidin liderar a coproducción executiva, e era moi complicado estar como actriz, como productora e como dramaturga. Eu non podía estar dentro e fora. A decisión foi difícil porque eu tamén quería disfrutar coma actriz. Pero creo que foi a correcta.

Satisfeita co resultado?

Creo que é moito mellor do que imaxinaba cando a escribín. Coma eu non podía interpretar o papel principal, fixemos un casting. Eu tamén o quixen facelo. Tiñamos varias candidatas, pero xa vimos quen era. Pasou unha cousa curiosa, a miña persoaxe no texto que escribín chamábase Alba Loureiro, e eu non sabía que unha actriz galega chamábase coma a miña persoaxe. Así que cando me enterei, quixen que viñera ao casting. Eu creo na maxia porque cando a interpretou, era ela. Estaba predestinada.

E onde se está mellor, dentro ou fora?

Se che digo a verdade eu estaba máis nerviosa observando desde dentro. Confío no meu equipo ó 100%, pero é que non pode ser doutro xeito tendo a Camila Bossa, no papel da adestradora, e a Celina Fernández e Daniel Méndez. No equipo artístico contamos co deseñador Pier Paolo Álvaro, co responsable da música Fernando Epelde, co escenógrafo Alessio Meloni, o iluminador Juan Gómez Cornejo e a coreógrafa Greta García, entre outras persoas, un equipo moi grande que fixo un traballo moi bonito. Ten sido unha aprendizaxe o de estar fora pero sigo preferindo ser actriz e dramaturga que productora.

E despois da estrea, ven a xira?

Despois de estrear en Santiago de Compostela, a primeira función será en Logroño, La Rioja, no teatro Bretón, no mes de novembro, e despois no Teatro Español de Madrid durante un mes. Pero a idea, efectivamente, é comezar a xira co comezo do novo ano, é no 2024 cando queremos movernos tanto polo territorio galego coma polo nacional. 

E o tempo de onde o sacas?

Non é sinxelo, a verdade, pero cando o que fas é unha paixón, é máis facil. É certo que eu fixen o percorrido do revés, cheguei ás artes escénicas non sendo unha nena, pero se o tes claro, e o persigues, o momento chega.

Te puede interesar