entroido

A implicación veciñal, clave nos Entroidos de Vilariño y Viana

_unnamed-59-_result
photo_camera Momento da recollida do premio na sede da "Sociedad de Antropología".

Os seus alcaldes recolleron en Madrid o Premio Nacional en Tradiciones Populares 2016

Os Entroidos de Viana e Vilariño de Conso foron recoñecidos na noite do sábado co "Premio Nacional en Tradiciones Populares 2016" .

O galardón foi entregado ás 21,00 horas pola "Sociedad Española de Antropología y Tradiciones Populares" na súa sede en La Casa de Cantabria, en Madrid.Ata alí achegáronse representantes dos Concellos e máis dos dous colectivos galardoados: a Comisión do Entroido 2016 de Viana do Bolo e a Asociación Cultural Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso.

Ao recibir o recoñecemento a teniente de alcaldía de Vilariño, Melisa Macía Domínguez, destacou "a implicación dos veciños, que son os que en realidade manteñen viva a tradición do Entroido e fan posible que se faga unha "mascarada" (desfiles) tanto en Viana como en Vilariño". Quixo, ademais, pór en valor o inestimable traballo dos organizadores da mascarada.

Así mesmo, a teniente de alcaldía quixo agradecer á "Sociedad de Antropología" o "traballo de campo que estiveron facendo durante a mascarada", e apreciou a "capacidade que tiveron para captar "detalles mínimos dos boteiros".

O alcalde de Viana, Secundino Fernández Fernandez, afirma que "non nos podemos olvidar de todos os antepasados que foron impregnando xeración tras xeración aos vianeses dese entroido, do folión, dos boteiros e da cultura popular que chegou ata os nosos días e seguimos mantendo". Así mesmo, recoñece que foi unha honra representar ás veciñas e veciños na recollida deste premio nacional. Ademais, sinala que é a primeira vez que se lle outorga a concellos galegos. Para pechar o acto, os boteiros fixeron unha mostra en directo. 

Te puede interesar