Un incendio no Barco (Ourense) leva calcinadas máis de 20 hectáreas

Un incendio forestal que afecta á parroquia de Santigoso, no municipio ourensano do Barco de Valdeorras, leva calcinadas máis 20 hectáreas de superficie, segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural.
O lume iniciouse ás 13.00 horas deste mediodía e permanece activo. Na súa extinción participan dous axentes forestais, 13 brigadas, cinco motobombas, unha pa, seis helicópteros e oito avións.

A zona do Barco de Valdeorras está este venres en alerta amarela por altas temperaturas, xa que as predicións meteorolóxicas esperaban que os termómetros poderían alcanzar ata os 38 graos.

Te puede interesar