Joaquín Sánchez, da Ruta do Viño de Valdeorras “Enclave cunha cultura enolóxica ancestral”

Joaquín Sánchez.
photo_camera Joaquín Sánchez.
A Ruta do Viño de Valdeorras prepara unha completa axenda que inclúe 15 accións diferentes e oito “buses do viño”

O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, repasa o papel clave desta como vertebradora e potenciador da viticultura.

Qué traballo fai a asociación Ruta do Viño de Valdeorras?

Principalmente, a Ruta do Viño de Valdeorras ten a misión de impulsar e promover o enoturismo na nosa comarca. Valdeorras foi de sempre un territorio moi ligado ao viño e as plantacións de godello potenciadas nas últimas décadas do século pasado posibilitaron que esta variedade se situara como o buque insignia da denominación de orixe. O interese crecente polo denominado popularmente como “ouro líquido” comezou a atraer cada vez máis visitantes á zona, pero era convinte articular infraestruturas, circuitos e propostas pechadas de ocio e lecer para os que decidían visitarnos atraídos polo poder seductor dos nosos viños. De todo isto, ocupámonos na Ruta do Viño de Valdeorras en íntima colaboración con diferentes administracións, principalmente coa Xunta de Galicia, pero tamén coa Deputación Provincial de Ourense e cos concellos da comarca.

Qué papel ten a Ruta do Viño como vertebrador e potenciador da viticultura?

Coido que, hoxe por hoxe, xogamos un papel clave. Cada vez máis persoas apostan por coñecer un territorio ou enclave xeográfico atraídos polos seus viños ou pola súa gastronomía. Isto é algo saben dende hai moito tempo nunha comunidade tamén moi ligada ao viño, como é o caso da Rioxa. Pois ben, aproveitando ese poder de atracción da enogastronomía, dende a Ruta do Viño queremos que os que nos visiten se decaten de que somos un enclave que posúe unha cultura enolóxica ancestral, pero que tamén contamos con grandes activos naturais e paisaxísticos, cun notable patrimonio arquitectónico ou cun incipiente turismo industrial arredor das canteiras de pizarra. Somos unha comarca atravesada por unha ruta xacobea singular como é o Camiño de Inverno, algo que moitos descoñecen. E, tamén, por suposto somos un territorio repleto de covas, construcións moi características na zona e espalladas en toda a nosa xeografía nas que antigamente se adoitaba conservar o viño.

Cómo é a aceptación por parte de veciños e turistas?

Cada vez maior. O ano pasado experimentamos un salto cualitativo na programación de actividades da Ruta do Viño ao por en marcha un foro divulgativo no que diferentes intelectuais e expertos abordaron o potencial e a Historia do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. Un foro que estivo aberto, loxicamente, aos veciños e veciñas da comarca. Completamos 2022 con máis dunha ducia de actividades promovidas dende a nosa entidade. Tan só nas xornadas de portas abertas do ano pasado participaron case 600 persoas. Outra actividade particularmente exitosa foi a II BTT da Ruta do Viño de Valdeorras, que propoñía unha ruta turística amateur sobre dúas rodas pola nosa comarca. Coido que as diferentes accións promovidas dende a Ruta conseguiron atraer directamente a máis de 1.500 turistas á nosa comarca durante o ano pasado.

Cómo será  el desarrollo de la jornada de puertas abiertas de Valdeorras en mayo?

Preparamos unha completa axenda de actividades que inclúe 15 accións diferentes e imos dispoñer de oito “buses do viño” que sairán na fin de semana do 5 ao 7 de maio dende diversas cidades galegas e da veciña provincia de León ata Valdeorras. A listaxe completa de actividades perfiladas para que se poidan desfrutar en solitario, en parella, con amigos ou en familia pretende por en valor o noso patrimonio natural e paisaxístico, histórico e, por suposto, enogastronómico. Nesta axenda destaca unha ruta sobre eBike polo parque natural da Serra da Enciña da Lastra; outra actividade que permitirá coñecer os paisaxes e viñedos de Larouco, un municipio moi ligado ao viño, da man dun arqueólogo; unha acción divulgativa sobre a cultura vitivinícola en Valdeorras durante a Idade Media ou visitas en grupo ao Castelo do Bolo, percorrer o camiño de Inverno finalizando a ruta cunha cata de viños e produtos típicos da zona. Tamén será posible, entre outras actividades, gozar do canto de regueifeiras, mentres se degusta un viño, ou participar nunha actividad mixta lúdica que propón unha cata vertical acompañada dun karaoke, para aqueles que se animen a cantar os clásicos de sempre.  Os interesados en participar nas accións propostas poden inscribirse nelas na web: rutadelvinovaldeorras.com.

Te puede interesar