Música e postos de artesanía na celebración dos Maios barquense

O vindeiro 1 de maio, pola mañá, terá lugar a celebración dos Maios na Praza do Concello. Ademais do concurso de Maios e coplas, haberá música tradicional, caldeiro de polbo e postos de artesanía e produtos gastronómicos.
Os Maios, nas modalidades de enxebres e artísticos, deben estar construidos con elementos vexetais que impidan a visión dos elementos que conforman a súa estrutura. En cada unha das modalidades os tres primeiros premios serán de 250, 200 e 150 euros. Os restantes Maios concursantes recibirán un accesit de 50 euros, sempre que cumpran as normas establecidas nas bases. As coplas, que deberán ser orixinais e escritas en galego, poden ser premiadas con ata 200 euros.

Os interesados poderán inscribirse ata o día 30 de abril ás 12 horas no Servizo Municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo, rúa da Estación, 2. O Barco).

Te puede interesar