Protesta contra o ataque ao pórtico do Día das Letras de O Barco

Un momento da protesta ante o pórtico vandalizado no Malecón.
photo_camera Un momento da protesta ante o pórtico vandalizado no Malecón.

Alumnos e profesores dos centros que fixeron a homenaxe a Luísa Villalta concentráronse onte

Unha representación do alumnado e o profesorado dos centros educativos do Barco de Valdeorras concentrouse durante a mañá de onte no Paseo do Malecón, á altura do lugar onde foi colocado o “Pórtico a Luísa Villalta”, que elaboraron os equipos de Normalización Lingüística e que sufriu un acto vandálico na madrugada do mércores, día grande das Festas de Santa Rita. Alumnos e profesores dos institutos Martaguisela e Lauro Olmo, xunto cos dos colexios Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo, ademais do Virxe do Camiño de Rubiá, levantaron a simbólica construción en conmemoración do Día das Letras Galegas, o pasado 20 de maio.

Á unha do mediodía, alumnos dos centros sentáronse no chan en sinal de protesta, procedéndose entonces a ler o manifesto que redactou Xoaquín Freixeira, docente do colexio Condesa de Fenosa. No texto apelouse á “indiferenza con que moitos e moitas de nós observamos os destrozos e pasamos por diante coma se fose algo normal”. Terminou a lectura do texto animando a recompoñer o pórtico para amosar “dunha vez por todas que non queremos que uns bárbaros condicionen a nosa vida”.

Condena do BNG

A su vez, o portavoz do grupo municipal do BNG barquense, Manuel Agra Villar, anunciaba a entrega no Concello dunha petición para que condene públicamente o “acto vandálico que sufriu o traballo dos equipos de Dinamización da Lingua Galega”, e que se solidarice coa comunidade educativa. Ademais, plantexa que lle dea os seus parabéns “polo acto de desagravio que desenvolveron este xoves” no Malecón.

Te puede interesar