O PSOE critica o peche de Novagalicia en Chandrexa

Sucursal de Novagalicia Banco, en Celeiros (Chandrexa).
A portavoz do grupo municipal do PSdeG en Chandrexa, Pilar Barrueco, criticaba onte ao alcalde da localidade, o popular Francisco Rodríguez, pola súa 'actitude contradictoria' no peche da oficina de Novagalicia Banco. A voceira socialista cuestiona que, ainda que no último pleno o rexidor presentou unha proposta de alcaldía na que defendía a continuación da oficina de Novagalicia Banco na localidade, lamenta que 'esta actitude de suposta defensa dos intereses do pobo non se materializase cando votou en contra da mesma na Deputación de Ourense'.
Barrueco critica a 'actitude cínica' do alcalde que 'fai unha proposta diante dos veciños facendo que defende os seus intereses e despois vota en contra dos intereses dos propios veciños', asegura.

Asemade, reitera a necesidade que teñen os veciños de Chandrexa para que se manteña aberta a oficina de Novagalicia Banco porque supón un grave perxuizo para os habitantes, a maioría xente maior que non pode desprazarse máis de 23 kilometros para facer as súas xestións.

Te puede interesar