'E.R. Algún día traballaremos xuntas', o venres no Lauro Olmo

'E.R. Algún día traballaremos xuntas' é o título da obra que vai representar este venres, 16 de novembro, no teatro Lauro Olmo de O Barco o Teatro do Atlántico. Está interpretada por María Barcala, Luisa Merelas, Manuela Varela e Susana Dans, coñecidas por series da TVG, baixo a dirección de Xulio Lago.
Hai 10 anos que o texto se levou ao cine protagonizado por actrices da talla de Nuria Espert ou Rosa María Sardá, o que demostra a profundidade das personaxes. As mesmas que agora lles toca representar sobre os escenarios as grandes actrices galegas que forman o elenco.

A amizade, a morte, a verdade, a mentira, o prezo das eleccións... son temas que se tratan nesta obra e que as actrices abordan a través do humor.

As entradas custan cinco euros e poderanse adquirir unha hora antes da representación na billeteira do Teatro.

Te puede interesar