VALDEORRAS

Viaxe a Rubiá, pobo solidario

photo_camera O belén da igrexa parroquial de Rubiá é visitado por xentes dos concellos próximos.

Cada viaxe entre Viana e Rubiá supón descobrir cousas novas, dende paisaxes, a monumentos, e pobos, ata arribar á preciosa vila pizarreira de Rubiá, cuxos veciños son encantadores e solidarios. 

Tdóolos anos facemos o mesmo camino, unha vez en doce meses, e sempre atopamos e descubrimos cousas novas, paisaxes, monumentos, persoas boas. Non utilizamos nin avión, nin tren, nin quedamos en terra, nin temos longas esperas. Imos no camino, “aspacito”, para poder ver e descubrir cousas novas, que sempre son máis das que pensamos.

Viaxe curta, pois si, de Viana a Rubiá. As espléndidas vistas, dende o alto do Covelo; As Hermidas, pobo precioso e esparexido ó longo da estradiña que baixa a preciosa ermita, un santuario un tanto esquecido para o incalculable valor que ten. Nunca falta a Salve á Virxe. O paso pola carretera, cruzamos Santa Cruz, Outar de Pregos, A Rúa, tamén con monumentos e cousas importantes, a un pasiño do populoso Barco, Centro Sanitario Hospitalario da Comarca. A outro golpiño de andadela (máis ou menos 6 ou 7 km.), o noso punto de destino: Rubiá.

Precioso pobo pizarreiro como os dos arrededores. Pobo coidado, cun templo precioso que ten un altar maior barroco que é unha xoia. Todo ben coidado. Conserva ó fondo una tribuna antiga, estilo corredor, cos seus barrotes. Un coro, con instrumentos axeitados, fai máis solemnes os cultos.

Moi importante, a xente, encantadora, solidaria… e que colaboran en todo co seu estupendo abade D. Herminio, personaxe cercano, traballador, creativo. Este ano, topámonos cunha nova gran obra, feita no patín, ou sexa na entrada principal. Unha gran escalinata cun gran arco, unha preciosa fonte, con figura de muller, representando á nai, que bota auga, dándolle a un mecanismo especial.

Muros novos cun gran arco onde se colocará unha imaxen da Virxe do Camiño, un espacio amplo e con vistas. Pobo grande, esparexido en 6 ou 7 barrios, con edificacións de todo tipo, casiñas con corredores de barrotes de madeira, humildes pero con sabor antiguo, que te leva a outros tempos, casas bonitas modernas.

Unha, especialmente, chamounos a atención. Unha pena que estea tan abandonada. Pertencente a un moi bó médico de pobo, persona boa e xenerosa. Un caserío grandísimo, antigo e de construcción especial. Médicos daqueles que a trote de cabalo visitaba ós enfermos na lonxanía. Nunca recorremos tanto en Rubiá! Que si unha casa moi bonita, no medio dun prado, cunha gran “Torre Eiffel” e tamén a de “Hércules". Réplicas exactas, construídas en pedra, pozos, figuras, cruceiros. Moi, moi bonito e chamativo.

Seguimos. Ahora tócanos baixar. Vivendas escolares. Edifícios de 3 ou 4 pisos, que hoxe se adican, en parte, a oficinas oficiales do Concello e outra parte a vivendas sociais. Dan para dúas rúas.

Baixando, atopamos o Centro Médico, moi cerquiña o Centro Escolar. Con moitos rapaces (40-50) co polideportivo ó pé. E moi próximo, un cantarín regatiño, entre árbores e prados, o río Cigoño, que leva as augas ó Sil -“O Miño leva a fama e o Sil a auga”-.

Un pouco á esquerda, está a capela da Virxe do Camiño. O cimiterio, amplo, soleado, visible. O máis chamativo pese á impresionante paisaxe. Metida Rubiá entre as Serras de Biobra, da Lastra, vemos Peña Trevinca e dende o mirador de Biobra vemos León.

Este “pueblo” terá, máis ou menos, de 800 a 900 veciños. Segurísimo que cometemos moitos erros Por favor! corríxannos. Pero o que máis chama a atención é a solidaridade dos nenos, parabéns ós educadores, polo que se ve deben de colaborar moi xuntos, os ensinantes e D. Herminio.

A misa á que asistimos, emocionante. Os nenos levan casi a batuta en todo... len, explican gráficos que eles fan, cos seus debuxos correspondentes, corazóns, peticións...

No momento de dar a paz, non podemos deixar no silencio unha anécdota que che chega a ialma. Acercámonos a dar. Danche un bico, se ti lle lo das, e unha velliña do pobo, encantadora, dinos: “A Paz, boa falla fai. Miren, se non teñen onde comer, veñan conmigo. Eu son soa, pero deseguida axeitamos algo". Quédaste! Gracias moitísimas gracias ¿Quedarán moitas xentes asi? Que ben!

O Nadal prepáranno os nenos. O Belén, pois é tan grande que non o poden recoller, queda todo o ano colocado. Este ano, toda a parte de Cafarnaún é nova, figuras, deserto que vai ata Jordania para pasar a Egipto. Figuras lindísimas, alusivas, con movemento. Que podemos dicir da Asociación de Belenistas. Todo sería pouco, seguide así.

Tedes o salón. Olé, ata fixéstedes unha escaleira cun gran salón a xeito de tribuna, dende onde se ve todo o Nacemento e demáis. “Centro C. Nosa Virxe do Camiño”.

Na Misa do Galo participan todas as parroquias, de 500 a 600 personas.

Na Campaña de Fraternidade e Solidariedade (tamén hai mercado solidario) preparan a comida entre todos, e despois cómenna todos xuntos.

Na Semana Santa fanse escenificacións da Pasión, nas que interveñen de 40 a 50 personas.

Outras festividades relixiosas? A Virxe dos Dolores, a Ascensión. Súbese a Virxe do Camiño e faise a novena con ela na eirexa, e báixase e volve o seu lugar o domingo, despois da Ascensión. A novena, asiste moitísimo personal.

Segurísimo que nos trabucaríamos en moitas cousas, Disculpen. Vaian a Rubiá e comproben in situ!

Noraboísima os nenos tan encantadores, D. Herminio, mestres, belenistas, coro, feligreses, en xeral, pola súa convivencia. E olé por Rubiá.

Te puede interesar