Festas en Ourense

Verbenas e discomóbiles para bailar nas Festas de San Bartolomé na Gudiña

A charanga Los Támega
photo_camera A charanga Los Támega
Consulta a programación das festas da Gudiña na honra de San Bartolomé, entre os días 23 e 25 de agosto

A Gudiña celebra as Festas de San Bartolomé con varios días de actividades. O programa comeza este mércores 23 e conta con tres días de festa que rematarán o venres 25 de agosto.

Programa do 23 de agosto

A partir das 19,00 horas haberá unha foliada na Praza Maior a cargo dos Torgueiros. Ás 21,30 horas, a discomóbil A Esmorga e ás 00,30 horas terá lugar a verbena amenizada pola orquestra Miramar. Ás 02,00 horas, actuación da discomóbil Space.

Programa do 24 de agosto

Haberá uns pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Riós. Ás 12,30 horas misa solemne e procesión acompañada pola Coral Polifónica B.S.A. de A Gudiña. Ás 17,00 horas, festa do neno na Praza Maior. Ás 21,30 horas seguirá a festa e ás 00,30 horas tocaralle o turno a verbena amenizada pola orquestra Compostela. Ás 02,00 horas, actuación da discomóbil Space.

Programa do 25 de agosto

Ás 18,30 horas, partido de solteiros contra casados. A partir das 19,30 horas, xogos tradicionais en colaboración cos Torgueiros na Praza Maior. Ás 21,00 horas, festa coa charanga Los Támega. A partir das 01,00 horas, verbena coa Gramola.

Idoya Saquete, da comisión de festas de A Gudiña, explica cómo se fixeron os festexos: “Levamos organizando dende marzo. Somos 6 persoas na comisión de festas: Idoya Saquete, Óscar Gomez, Adrián González, Xurxo Vicente, María Quintairos e Diego Oliveira. É o primeiro ano de todos, para nós isto todo é novo. Estamos contentos en xeral co que fixemos e do que se intentou facer. Hai actividades para para todo o mundo. Todas as idades poderán desfrutar da festa, a xente maior e a xente xoven. Intentamos facelo o mellor que puidemos, estamos satisfeitos por parte da comisión de festas”.

Alega que “fixemos esta fin de semana un torneo de padel e de tute. Este ano houbo uns presupostos moi elevados, pero a xente colaborou bastante. Grazas a todo o mundo que  nos axudou, puidemos conseguir isto. Son as festas máis importantes do Concello”.

“A xente ten moitas gañas de festa -asegura-, vai haber un ambiente moi festivo. Temos pensado facer para o ano unha cea popular. Iste ano a verdade é que fixemos o que puidemos. Quero agradecer a todos os negocios e empresas que colaboraron con nós para facer posible estas festas. Quero destacar a axuda dos Torgueiros, que son da zona e colaboraron con nós moitísimo e formarán parte do cartel das Festas de San Bartolomé de A Gudiña, as máis importantes da vila”, conclúe Idoya.

Te puede interesar