Cartas al director

Piscina termal de As Burgas: Malas noticias!

Leo na prensa hai uns días que “Jácome da por perdida la ayuda autonómica para la piscina termal de As Burgas” e que Baltar afirma que “Ourense é o territorio con máis potencial termal de toda Europa”. Pois vaia. Que pasa? Entre un e outro preboste non son capaces de poñer a funcionar o baño quente máis emblemático, máis céntrico, de maior atractivo turístico e de maior historia da cidade? Que pena! Tan difícil é para este dúo político traballar en serio nun proxecto tan elemental é necesario para Ourense.

Sen embargo, malas noticias. Só leo novas decepcionantes sobre este tema.

Non sei por que, tratando de masticar unha vez máis este bocado, lembreime daquela letra dos Suaves: “La noche se está cayendo/ y con ella cae el tiempo./ El día no sirvió de nada,/ tarde de nubes sin agua./ Hoy el cielo es de cemento,/ parece que Dios está muerto./ Golpean la puerta de casa/ mensajeros de desgracia.../ ¡malas noticias!”.