Cartas al director

¡Ourense, capital termal, capital dun silveiral!

Produce tristura andar na nosa capital cando vemos o estado de abandono no que se atopa. Os paseos en torno ó río convertidos nun silveiral, mimosas, árbores e ramas caídas dende fai tempo, plásticos, botellas, latas, papeleiras cun proceso de oxidación importante igual que os puntos quilométricos, farolas destrozadas, bancos rotos e rodeados de maleza. O paseo que leva ao parque da Antena desaparecido cuns puntos de luz cubertos de silvas, o hórreo cercano cun total abandono -que pronto esquecemos as nosas orixes-, os laterais da Ponte Nova hacia Parque Miño e Lagoas do mesmo xeito, o mantemento das pasarelas inexistente, cos puntos de iluminación cheos de telarañas e restos das floracións... 

E seguiríamos cun parque de A Ponte cun césped e árbores cunha sequedade tremenda, xardíns da avenida de Santiago e laterais sobre o IES Blanco Amor do mesmo xeito, parques de A Ponte Vella, Río Mao, Peliquín... 

Parece que o persoal é totalmente insuficinte para un coidado diario e en profundidade. Non fai falla grandes ideas, tan só un pouco de sentidiño e un mantemento diario e non trimestral, no mellor dos casos.

Aspiramos a ser un destino seguro pero a presentación é dun total abandono e desidia.