Cartas al director

Panem et circenses (O Festiñas)

Nunha cidade ao sur de Gallaecia, de nome Serenou (con permiso de Manolo Guede), teñen un noalcalde, curto de estatura e, peor ainda, máis curto de mente. Chamarémoslle “o Festiñas”, polo seu amor e empeño en desmontar todo o que cheire a cultura: Banda de Música, museos, centros culturais, auditorios, Universidade Popular, mostras de teatro, etc, etc. Prefire a verbena e cantantes poligoneros, que teñen o seu público, non o nego, pero de paso efímero, que non deixan pegada nin continuidade no eido cultural.

Crese un xenio da xestión, érguese da cama coas ideas eureka -tranquilo Arquímedes, non te alporizes-, pero non pasa de ser un personaxe baleiro e inconsistente na nada máis absoluta, embutido nun traxe dez tallas máis grandes ca súa.

Ten a cidade chea de valos, materiáis de construción e obras inconclusas ou mal feitas, coma as beirarrúas de Mestre Vide e As Lagoas, que empezan a rachar e despegarse. Ou desmontar as árbores para non sei que desfeita.

Para non extenderme, espero que o “panem et circenses” convírtase nuns meses nun “calcitrare asinum” (patada no...) democrático.