Cartas al director

Epidemia explosiva

Estamos ante unha epidemia explosiva. Polo momento no rural están aparecendo poucos casos pero estes casos deben de ser controlados co fin de evitar un brote maior, que tería unhas consecuencias terrorificas tendo en conta a idade da meirande parte da poboación das aldeas.

Dende logo sería de gran axuda a figura que existía non hai moito tempo de xefes locais de sanidade, ou xunta local de sanidade que compuñan o médico/a titular, o farmaceutico/a e o concello. Xa que na actualidade estas figuras caeron en desuso, polo menos que os médicos titulares de cada centro de saúde tomen a iniciativa de loita contra o COVID-19. 

Esta loita dacordo o que din os expertos ten varios aspectos: illamento da poboación, máxima hixiene, medidas de seguridade e tamén moi importante, cando esto falla, o control dos posibles casos positivos que poidan aparecer e ahí e onde a labor dos doutores marca a diferencia entre o éxito e o desastre. Despois de cada caso positivo ou posible positivo débense estudar os contactos desta persoa e proceder o seu illamento inmediato para evitar que se expanda e provoque un brote masivo imposible de atallar e con consecuencias tremendas. Algúns médicos conscientes da situación e demostrando a súa profesionalidade xa se erixiron como xefes locais de sanidade e estan traballando arreo neste senso, pero non todos nin moito menos. Dende a Consellería de Sanidade deberían tomar a iniciativa e poñer os profesionais de primaria á fronte desta loita en cada concello.

E polo tanto, vista a labor básica e vital que deben desempeñar estes profesionais non é de recibo que esta semana vaían estar os centros de saúde pechados catro días ( e mercores a luns). Estamos ante unha situación de risco gravisimo. Precisamos de todos os que poidan aportar un granciño nesta loita. E non podemos estar catro días sen os guías de cada concello. Se cadra o martes xa é tarde.

A consellería de sanidade debe manter os centros de saúde abertos todos os días durante esta crise. Entre todos venceremos ó COVID-19. Seguro. Pero poñamos os medios.