Cartas al director

Tradición, Respecto e Sentimento

Cada día demóstranme que todo vale… é uhna constante na miña vila. As palabras que presiden todo o ano a Praza Maior: tradición, respecto e sentimento, dilúense nun sinsentido.

O martes presentouse o cartel do Entroido 24 no que como case sempre a figura principal é a pantalla, a nosa máscara a que lle debemos unha boa parte da nosa historia e identidade.

Hoxe quero facer unha homenaxe a tod@s @s artesáns de pantallas que seguiron e siguen a tradición na máis estricta norma da nosa cultura limiá. Esos que non recibiron nunca ningún recoñecemento, por raro que parezca.

Coñecidos son os materiais máis lonxevos: cartón, sombreiro, engrudo… así como tamén os pasos a seguir para darlle característica e exclusiva forma. Pois ben, ahí temos o problema… cando nos últimos tempos vemos como moitas pantallas que corren polas rúas en tempos de Entroido, nas mascaradas e son protagonistas de fotografías e cartazes non seguen a nosa herencia. Entre tanto pregúntome por que as máximas autoridades do Concello e do Entroido non protexen e respectan a tradición.

Teñamos respecto e sentimento verdadeiro e riguroso á nosa cultura pois unha Declaración de Interese Internacional ben o merece, home vai!