Cartas al director

O Barrio das Camelias volve ós anos 80

O barrio das Camelias ten tido nos últimos meses unha serie de circunstancias que están preocupando aos seus veciños. Ao barrio está chegando unha serie de personaxes que non gustou nada a súa chegada. Veu acompañada por outro tipo de circunstancias que están trastocando a convivencia pacífica e cordial que había durante anos. No barrio está medrando un punto de venta de sustancias prohibidas e non solo chegou un problema con este asunto, senón que chegaron os roubos e suciedade nos parques, esa suciedade perigosa para os máis pequenos.

Este barrio xa tiña varios puntos de venta de sustancias prohibidas, pero as cales non son desta tipoloxía que se asentou agora mesmo. Antes tiñamos ventas das sustancias chamadas “de deseño”, e ao barrio acoden consumidores que pasaban desapercibidos e incluso moitos deses visitantes solen ser rapazada e xente normal e socialmente aceptable.

Agora mesmo, en 10 días xa se sufriron 15 roubos en coches con danos de consideración e ademais, algunhas das persoas que sufriron os roubos non puideron traballar pola substración das súas ferramentas. Algún destes veciños levan aparcando os seus coches durante anos en plena calle e nunca había sucedido nada parecido. O asentamento desta xente xa foi pola patada a porta e okupación dunha propiedade allea. Durante o dio e xa normal ver a xente entrar e salir de dito lugar, un lugar coñecido pola maioría dos veciños, un lugar o que xa case é imposible vivir pola cantidade de suciedade e olor que se desprende. A chegada o barrio deste punto de venta fai que cada día se vexan mais indixentes merodeando. Os roubos aumentaron un 90%, a inseguridade é total a certas horas do día; de madrugada son habituais as voces altas desta xente, os coches están sendo asediados, as familias teñen respeto a hora de sair ou chegar a casa.

O barrio busca axuda das autoridades municipais , os veciños piden máis presenza da Policía e Corpos de Seguridade, os veciños piden máis xustiza e castigo para os delincuentes, piden máis limpeza, melloras nos servizos do barrio, en definitiva, pedimos tranquilidade, a que había fai uns anos. Por desgracia este barrio xa e un barrio envellecido e esa problemática non se soluciona con abandono por parte das administracións. Se realmente existe este barrio non o deixemos morrer. As Camelias é un barrio descoñecido para moitos veciños da cidade, pero é un barrio céntrico que esta a cinco minutos da porta do Concello, cinco minutos da Praza de Abastos, cinco minutos do Xardín do Posio, oito minutos da Residencia... pero realmente estamos máis afastados socialmente que calquer barrio da periferia. A xente maior o sabe, a mocidade o sufre e os máis pequenos están botando de menos esa implicación do Concello e Administracións no barrio.