Cartas al director

Terrorismo, invasión e visita o panteón

Corría o 11S, de xa fai uns cantos anos, cando en duas torres xemelgas petaron aqueles avións da morte. Quenes alí estaban non tiveron un día de sorte. Todo culpa dun deus vampiro sedento de sangue, pois foi no seu nome que os pilotos se inmolaron. Alá eles. O malo é que ben nos amolaron.

Apareceu o trío das Azores concedendo á venganza tales honores que as desgrazas das torres parecían menores. Sairon á caza do mouro, como o rabo do touro cando o pica o abesouro, dician que non era engano nin mentira aquelo das armas de destrucción masiva, e fixeronse cargo facendo embargo dos pozos de ouro

O trío caveira ofreceu os servizos dunha libertade rameira aplicando a xustiza como unha atracción de feira .

Non hai paz, que por a forza se impoña, á que o pobo non se opoña. Poide que os tanques invasores achairen os campos pero sementan odio que con seu abono e labranza colleitan matanza.

Primeiro foi Vietnam, despois Afganistán e a caída da estatua do Sadán, cantos países mais se invadirán?

Antes do 11S, eu o único terrorismo que coñecía era o do Ira, ETA, Grapo, Gal, para empezar, non eran tan parvos para tragar a milonga esa do prometido paraíso para mártires e antes de matar buscaban o xeito se escapar, o lado dos islamistas eran monxiñas. Todos eses grupos desapareceron xa, e casualmente ningún despois de mandar soldados facer turismo invadindo un país.

Ese turismo sae caro, pagase en vidas, descansase pouco, comese mal, e saese por pernas, cos colaboradores facendo abordaxe colgados do tren de aterrizaxe, logo veñen os pesadelos, no mellor dos casos, poiden facerche unha película en Hollywood, ou poides montarte unha película, como fixo o Aznar, no que o artista nunca morre e menos pide perdón.

Das tormentas do 11S ao bulleiro do 11M o efecto da misión dos superheroes foi demoledor, pouca paz en Oriente Medio a misma libertade, e menos seguridade. Apareceron outros grupos terroristas ainda mais perigosos que abandoaron as montañas lonxanas e desertos remotos.Terrible efecto. Eso sí, mais manipulación das víctimas. Os traficantes da dor sempre dispostos a sacar tallada. E as víctimas pasan de chorar a orar nas tribunas.

Cada ano pretendese neses actos conmemorativos homenaxear ás víctimas, parceme ben, pero teño unha dubida; as mais de 300 mil víctimas civis das guerras do Golfo, incluimolas tamen, ou esas non entran? Porque, pregunto: si lle abres un burato na pel soltan sangue bermello coma nos, non? Os nenos orfos desa zona, tamen choran por seus pais?