Un sistema educativo. Estandarizado. Coma unha fábrica na que se crean produtos a medida, prototipos, réplicas, cortadas polo mesmo patrón.
Unha lei. Con grandes pilares de base. Inclusión. Normalización. Igualdade de oportunidades. Non discriminación.
Un centro. Trinta e seis nenas e nenos. Seis mestres e mestras. Persoas. Diferentes. Únicas.
Un aula. Dez nenos e nenas. Tres idades. Tres cursos. Persoas. Infinitas formas de pensar, de aprender, de falar, de entender. Diferentes. Iguais en dereitos e deberes.
Ela. Unha nena. Unha persoa. Diferente. Única. As mesmas ganas de aprender, as mesmas obrigas, a mesma mesa, a mesma cadeira, o mesmo mestre. Pero, ah! non o mesmo dereito a aprender. Porque, o seu mestre afirma “eu non a podo atender”, “teño outros dez alumnos e alumnas que necesitan a miña atención”.
E nós, tal como se fose unha sentencia xudicial, a acatamos, calamos, asentimos, afirmamos e incluso loamos a súa labor pedagóxica.
E ben, onde se quedan pois aqueles grandes pilares?
A educación, e a sociedade en xeral, non cambiará ata que todos sexamos conscientes de que nunha aula aprendemos todos e todas, e adiquemos os nosos esforzos a tentar dar a cada un o que necesita, e non o que necesita un, a todos.