Portada

Eu non quero ser político

Cartas al director

Eu non quero ser político

Actualmente eu non me adicaría á política vendo o lamentable e esperpéntico espectáculo dalgúns dos parlamentarios dos distintos partidos. Aínda hai que agradecerlles que sean somente unha pequena representación imaxínense vostedes que estiveran todos.

A política de hoxe adolece de valores fundamentais que deberían ser inherentes a todas as persoas. Independetentemente da súa ideoloxía ou do partido político o que pertenzan. A máis importante chámase “ética” e que é a que impide a mentira, a vejación, a calumnia, etc. Eu entendo que todos os partidos do arco parlamentario son “constitucionais”, sexan demócratas, comunistas, separatistas, independentistas, etc.

O espectáculo dado pola portavoz do PP acusando a Pablo Iglesias de fillo de terrorista, sabendo a señora Álvarez de Toledo a acusación feita por Pablo Iglesias ao portavoz de Vox, Espinosa de los Monteros de haber desexado dar “un golpe de Estado”, sabendo que non é certo, os militantes que abren as alcantarillas dos partidos, falseando a información, deben ser castigados a facer un “master” sobre o que ao parecer carecen que é de “ética”, e suspendelos de emprego e soldo mentre non aproben o mesmo.

Nestes intres o máis importante que deben de facer tódolos diputados e respetalas normas do xogo, e acadar o que poida ser máis beneficioso para todos nós, e non facer “política” coas vidas das persoas.

La sanción

Ayer le fue notificada una sanción de la Policía Local al nieto de mi amigo y vecino, el más viejo de la parroquia, por aparcar hace meses solo un…
chevron_right

Pánico nuclear

Hace 74 años, dos refulgentes pájaros de acero (Enola Gay y Bockscar) soltaron sobre las ciudades de Hiroshima y Nagasaki sus apocalípticos huevos…
chevron_right