Cartas al director

Sentidiño, por favor

n n n Bastan un par de horas en calquera hospital da provincia para darse conta do traballo (impagado) que están a levar os nos sanitarios. Non so eles, médicos, enfermeras, celadores etc, senón tamén limpiadoras e persoal do ámbito sanitario, policía e sobre todo bombeiros.

Eu sempre penséis que pasado este confinamiento as cousas serian mellores, que a xente aprendería de verdade a facer as cousas e que eses aplausos á xente que nos coida serían sinceros e estarían dotados de valor humano. Non é así, por desgraza. Os nosos sanitarios, a xente que nos axuda a vivir e coida de nós segue a esmorecer. Non teñen medios (a pesares das recientes eleccions), son pouca xente, carecen do mais básico, a sus propia seguridade. Un traballo fermoso e que lles gusta, porque se non fiar así xa se retiran plantado. 

A marxe de quen gañou as eleccións esto non da para máis. E non remata aí, agora que todos deberíamos remar xuntos ven o incivismo, a pouca testa, os puñeteiros rebrotes... por favor sentidiño e solidaridade, axudemos a quen nos axuda e non sigamos pondo en risco, non os nos sanitarios, senón a nós mesmos.

Grandes todos eles, en especial a xente e enfermeiras da terceira planta, zona norte do Hospital Universitario de Ourense. Merecedes todo e máis... ogalla estuviese más miñas mans darvos todo o que de verdade merecedes.

Máis cartos para i+d, máis infraestruturas sanitarias, mellores dotacións e menos fútbol, por favor.

Grazas sanitario/as.