Cando faltan poucos días para o aniversario do pasamento de Olegario Soto (será o vindeiro día 11), unha nova volta a sementar de loito o Concello de Nogueira.
Unha chamada de teléfono o sábado a mañá fixome conxelar a ialma.Roberto Soto, o Roberto do Olegario, aparecía morto na súa casa.
Un amigo, un compañeiro de escola, un traballador incansable deixabanos para sempre orfos da súa compaña.
Este home de 48 anos foi e será a alma mater do Rally da Ribeira Sacra, el foi un dos primeiros que nos puxo no mapa co seu traballo e dedicación. Todo por e para acusar, a súa testa non paraba de ter ideas e proyectos para a súa terra e sempre contou para ello cosa seus amigos máis achegados.
Agora foise, ainda que desde alí seguirá acusando, deso estou seguro.
Gostariame pedir que o vindeiro Rally da Ribeira Sacra (espero que siga) pase a chamarse Rally Ribeira Sacra-Memorial Roberto Soto, coido que é de xustiza.
Amigo Roberto, a xente boa non morreu nunca, a xente boa coma ti vive sempre nos corazons da xente que te quere e dos amigos de verdade.
Agora seguirás loitando noutro lar, a carón de teu pai e teu irman e de de ahí darasnos folgos a todos para que o teu legado non se esquezas, amigo, agora toca descansar.
Aquí sempre estarás connosco, en nós e no teu Concello sempre serás presente.
Deica amigo.