Cartas al director

MACEDA: APROVEITEMOS A NOVA NORMALIDADE!

n n n Fai un ano nestas mesmas líneas escribía que a estratexia que deberíamos seguir no noso futuro era a de traballar conxuntamente ca Ribeira Sacra, xa que estamos de porta de entrada para moitos dos que a visitan e veñen do resto de España ou dende o sul de Galicia. Pois, agora dende a pandemia do covid que estamos a vivir, ainda me ratificou máis na mesma estratexia e probablemente xa sexa mellor acollida e entendida que fai un ano. Esta crisis sanitaria nos fixo a todos valorar máis o territorio, o rural, o pequeno, o encanto dos recunchos, as colleitas dos productos e a ledicia de simplemente vivir en entornos estables, sostibles e seguros que nos dá unha calidade de vida. 
Decíame iste ano un bodegueiro coñecido do mencía da Ribeira Sacra que se estaba avanzando moito nos caldos que se están elaborando e que incluso o cambio climático estaba incidindo na mellora dos viños; quedei abraiado que dunha das grandes preocupacions do planeta poidera sacarse algún proveito, paradoxas da vida. Temos que ser quen de aproveitar esta nova normalidade para encamiñar o futuro ainda que sexa partindo dunha situación crítica como a que estamos a pasar. 
Aproveitemos a diseñar e pór en marcha iniciativas que valoricen que estamos no rural e contamos cun Concello que ten casi a totalidade de servizos, que é un referente para a comarca e para veciños e incluso para mocidade que viven e que visita ao longo do ano e que se sinte a gusto e orgullosa do seu pobo, sendo punto de encontro para xuntarse con compañeiros e amigos. 
Temos que empezar a romper barreiras, superar límites e traballar noutra dimensión; por exemplo empezando a traballar a nivel comarcal entre os concellos, cooperando e aproveitando as sinerxias que se xeneren, e actuando conxuntamente en interés das persoas. É o momento de abrir o debate de novos marcos territoriais que superen os concellos, que nos axunden a afrontar mellor os retos do futuro. 
Nesta pandemia que estamos a vivir, foi moi loable o que fixeron alguhas insititucións a nivel local como Agrupación de Protección Civil de Maceda e a entrega persoal do alcalde e tenentealcalde durante as semáns máis duras do confinamento axudando as persoas que vivian soas, facendo labores de desinfeción e incluso dando información puntual da situación. Pero agora xa estamos noutra etapa e debemos de pór en marcha medidas de dinamización económica para os negocios e persoas que ainda teñen que recuperarse. Algunas xa foron apuntadas, como facilitando o pago dos impostos, pagando de forma inmediata os acreedores de Maceda, pondo en marcha medidas como axudas aos negocios como fan outros concellos e dinamizando o sector de hostalería. 
Acabamos de sair dunhas eleccións autonómicas onde a xente elexiu os seus representantes dando un apoio maioritario tanto en Galicia como en Maceda as organziacións que xa levan gobernando anos, este apoio non se pode interpretar como un resultado deportivo, como se o fin fora sacar máis votos, senón que debe de convertirse en medidas e accións que redunden no benestar das persoas nesta nova normalidade que debemos saber aproveitar. E os demáis facendo o seu papel de alternativa pero colaborando positivamente.
Empezemos por disfrutar e compartir estos días ainda que non teñamos Festas coma as de sempre!