O Concello vén de recibir unha axuda de 122.000 eurose para investir no aforro enerxético de todos os puntos de luz
O Concello da Peroxa vai cambiar as bombillas halóxenas por luces LED dentro dun proxecto de aforro enerxético, co que se prevé unha rebaixa do gasto de 30.000 euros anuales e que terá un investimento de máis de 150.000 euros.
Esta renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior acometerase en todos os puntos de luz que aínda carecen do sistema LED, e grazas a una subvención concedida ao Concello. O investimento ascende a 153.035 euros, e para poder realizala recibirán unha axuda dentro do Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía, dentro do Programa Operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020, de ata 122.429 euros.
O goberno local aprobou a súa parte de gasto para licitar a renovación do alumeado e agardan que en agosto poida estar rematada toda a instalación. "Ata o de agora tiñamos o 40% de LED e con este proxecto conseguiremos o 100% en todo o municipio", explica o rexedor da Peroxa, Manuel Seoane.
Neste senso, lembra que hai cinco anos o Concello gastaba máis de 120.000 euros en luz, e consegui reducilo xa a pouco menos de 80.000 coa primeira fase. "Agora poderemos reducir a factura incluso máis dun 50%", salientou.