Imprimir

O BNG esixe a reposición das liñas e servizos ferroviarios suprimidos en Ourense

La Región | 30 de septiembre de 2020

La formación nacionalista anunció el inicio de una campaña para conseguir los servicios perdidos durante el estado de alarma.
La formación nacionalista anunció el inicio de una campaña para conseguir los servicios perdidos durante el estado de alarma.

A formación nacionalista iniciará unha campaña de presión

 

O BNG reuniu ao carón da estación empalme de Ourense aos deputados autonómicos Noa Presas e Iago tabarés, aos concelleiros no Concello de Ourense Luis Seara e Rhut Reza, ao deputado provincial Bernardo Varela, así como membros de Galiza Nova e da propia formación nacionalista. O motivo foi dar conta do inicio dunha campaña co obxecto de que tanto RENFE coma o ADIF repoñan as liñas e servizos ferroviarios suprimidos durante o estado de alarma, aducindo a baixa demanda daquel momento pero que a día de hoxe, pese a terse iniciado o curso escolar e universitario, e reiniciada boa parte da actividade empresarial seguen sen reporse.

Esta situación causa, a ollos dos nacionalistas, un moi grave prexuizo para todos aqueles que teñen fixada a súa residencia en Ourense pero que diariamente se desprazan a outras localidades do país a exercer a súa activiade laboral, estudantíl ou de calquera outra índole.

Neste senso, a deputada Noa Presas afirmaba que "queremos reivindicar un trato xusto para Ourense no que aos servizos ferroviarios se refire", para engadir, "esiximos ao goberno central que deixe dunha vez por todas de aproveitar a escusa da pandemia do coronavirus para simplemente eliminar servizos".

Insistía Presas en que "onte mesmo asistimos á ratificación do peche da venda presencial de billetes tanto nas estacións de O Barco de Valdeorras como en A Rúa, cuenstións que levamos anos denunciando". "Folla de ruta levada a cabo desde fai anos tanto polo PP como agora polo PSOE".

A deputada por Ourense referiuse concretamente á supresión da liña do Avant de primeira hora da mañá, a das 06:45h. Liña moi empregada por persoas que teñen fixada a súa residencia en Ourense pero que se desprazan a diario a outras cidades galegas como pode ser Compostela ou A Coruña para traballar, estudar ou levar a cabo outras xestións. Segundo Noa Presas "é unha decisión que non podemos asumir desde Ourense polo que facemos un chamamento á mobilización social a favor de que iso non aconteza".

Por ese motivo Presas anunciou que hoxe mesmo o BNG inicia unha forte campaña de axitación social con "cartelería, volantinas e tamén cun modelo de alegacións para que a xente envíe a RENFE e ao ADIF a fin de que esta situación se rectifique".

"Se realmente se quere apostar por Ourense e se quere apostar porque a vida non comeza nin remata no AVE, hai que apostar por ter unha conexión de Avant digna, con prezos baixos e cunha ampliación de liñas que de realmente servizo á veciñanza".

 

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/ourense/bng-reclama-reposicion-das-linas-servizos-ferroviarios-suprimidos-ourense-coa-escusa-da-covid-19/20200930143559975660.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons