Imprimir

O dietario da novela

Vicente Araguas | 14 de junio de 2019

Miguel Ángel Hernández é un escritor melancólico que nesta ocasión aborda a redacción do seu novo diario con compás

Hai dúas semanas recomendei, con fervor, a leitura de “El dolor de los demás”, esa novela de Miguel Ángel Hernández que supón o mergullamento apaixoado, mais co debido distanciamento, de alguén que tivo que ollar moi de perto o asasinato dunha veciña de man dun seu irmán (amigo intimo do autor) e o posterior suicidio, por precipitación (nunha barranqueira) deste. Así as cousas agora toca falar do diario escrito por Miguel Hernández mentres levaba adiante a sua novela. Proceso chamativo, e non soamente para hipotéticos asistentes a un taller literario, en canto que neste dietario o que se deixa ver é como un escritor explica non só  como a súa escrita progresa, senón tamen a súa vida cotiá, de profesor de universidade (especialidade, Arte) e cidadán comùn que sufre, desfruta, bebe, come, fai o amor, tal como os seus conveciños.

20190613192653024_resultDiferencia esencial; este home, murciano para máis datas, da pedanía onde acontecera o terrible suceso do que dá conta “El dolor de los demás”, é quen de nos narrar con palabra exacta, amena, entusiasta á veces, mesmo hiperbólica diante de certos escritores como Vila-Matas ou Javier Cercas, outras, escéptica, do pouco doado mester de vivir (do que nos falara, antes de incorrer el mesmo no “vicio absurdo” de autoimpoñerse a pena capital, Cesare Pavese). Un manual de instruccións, pois, o de Miguel Ángel Hernández, escrito entre xullo de 2016 e maio do 2017. Cun colofón ou epílogo, máis curto, sen dúbida, que viaxa de xullo de 2017 a xaneiro de 2019, hai pouco, xa que logo, cando Hernández comeza ser o escritor recoñecido e recoñecible que resulta hoxe (por certo, volvo encarecer a leitura de “El dolor de los demás”, semellanza lonxana con Truman Capote poisque Miguel Ángel entra, el mesmo, máis a fondo no seu docudrama).

Polo demais subliñar que poucos son os escritores que nestes eidos deixan ver os trucos, trampas, fedellos ou falcatruadas que agachan baixo da manga. Tamén, xa postos, o seu madridismo. Porque –digase xa- Hernández declara a súa paixon polo fútbol e, mesmo, o clube do que é seareiro. E eu diría que fai moi ben, aínda que non partillemos, en absoluto, parcialidade futboleira. Mais si pracer polos asuntos cotiáns. Neste caso tan ben sinalados.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/la-revista/o-dietario-da-novela/20190614130144877440.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons