Imprimir

Respostas que non chegan

La Región | 08 de agosto de 2020

Agardei impaciente a unha resposta, sen albergar moita esperanza e tratando de alonxar escuros sentimentos.

Agardei impaciente a unha resposta, sen albergar moita esperanza e tratando de alonxar escuros sentimentos. Agora, esgotados todos os xeitos para acadar as respostas, acudo a este xornal, a xenerosidade da súa redacción, para dar conta do meu pesadelo tras a morte da miña irmán, comesta polo maldito covid-19.

Hortensia González aqueixada estaba dun cancro dende fai tempo. A chegada do coronavirus topouna cun debilitado sistema inmunolóxico. Tivemola que ingresar no Complexo Hospitalario Universitario Ourensán. Permañeceu hospitalizada no devandito centro durante quince días, ata que a morte levouna. Aconteceu na data do 4 de abril deste ano. É de xustiza suliñar que o trato que recibiu dos  galenos e das enfermeiras  foi exquisito, merecentes daqueles aplausos que a cidadanía lle adicaba cada día dende os balcóns.

A dor daquela perda dunha muller que loitaba para darse un futuro a ela e aos seus, engadiríase a dor de poder darlle unha despedida en derredor dos seus seres queridos. E comezou para mín todo un viacrucis para atopar as suas pertenzas persoais, que levaba cando fora ingresada. Non había rastro delas. Preguntaba e non recibía resposta algunha. Todo foi silenzos. Naide dicía nada en planta, no persoal de seguridade nin o de loxística. Vinme na obriga de presentar unha denunza perante a Comisaria da Policía.

Vai cara aos catro meses da perda da miña irmán, coma, tamén, da perda das suas pertenzas. Desta última perda continúo sen ter respostas. Nin sequera teñen a cortesía de atender as miñas chamadas telefónicas.

Somentes confío en que istas palabras vexan a luz no xornal, que agradezo, e que con elo esperte conciencias  aos que si me poden dar respostas. É un prego para respeto a un morto.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/cartas-al-director/maria-carmen-gonzalez-ourense/respostas-non-chegan/20200808212505965583.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons