Imprimir

Vilamartín rexistra a temperatura máis alta da xornada con 39,3 graos

Axencias | Santiago | 22 de julio de 2019

AEMET activou para este martes o aviso amarelo por tormentas na provincia

A localidade ourensá de Vilamartín de Valdeorras rozou os 40 graos centígrados de temperatura máxima nun luns no que outros catro puntos da xeografía galega que permanecían en aviso amarelo por calor pasaron os 38 graos.

Segundo os datos de Meteogalicia, os 39,3 graos alcanzados na Portela, Vilamartín, ás 16,40 horas deste luns foi o pico de calor rexistrada en Galicia nesta xornada, na que o sur de Lugo e a provincia de Ourense permanecían en aviso amarelo por altas temperaturas.

Outras catro localidades viron como os termómetros pasaban os 38 graos esta tarde. En Remuíño, Arnoia, o mercurio alcanzou os 38,5 graos ás 17,00 horas; mesma tempetura rexistrada en Míllara --Pantón (Lugo)-- unha hora e corenta minutos máis tarde.
 


Verín, con 38,4º, e Leiro, con 38º, pechan o `podio` de puntos máis cálidos da xeografía galega este luns


O aviso amarelo por altas temperaturas desaparece en Galicia para este martes, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Por contra, activa o aviso amarelo por tormentas para as provincias de Lugo e Ourense para o segundo día da semana, no que os termómetros descenderán en toda a Comunidade aínda que se prevé que excedan os 30º en puntos de Lugo e Ourense.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ourense/vilamartin-a/20190722193200883803.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons