Evento

Docs del mes: "Honeyland"

21/09/2020
19:30 h
Casa da Cultura (antigua Biblioteca), Ourense
Fotograma de la película Honeyland, que inaugura el ciclo Docs del Mes en Ourense este 21 de septiembre.
Cine documental

O campus de Ourense súmase á iniciativa Docs del Mes, ciclo de cinema documental que ten como obxectivo achegar o cine documental ao maior número de espectadores e abrilo a novos públicos proxectando documentais internacionais, de calidade e de temática e procedencia diversa. Con entrada libre ata completar un aforo reducido de acordo coas normas ás que obriga a crise da covid-19, as proxeccións poderán verse en versión orixinal con subtítulos en castelán na sala do Cineclube Padre Feijóo ás 19.30 horas.

A programación iniciarase o vindeiro luns 21 con Honeyland, de Ljubomir Stefanov e Tamara Kotevska, un filme macedonio que narra a historia de Hatidze Muratova, que se dedica a criar colonias de abellas nunha remota rexión montañosa dos Balcáns e os cambios que para a súa forma de vida supuxo a chegada á zona dunha familia nómade.

Te puede interesar