Evento

Entrega de premios do concurso “Xamón, Pan e Viño”

29/06/2020
12:30 h
Casa Grande de Cimadevila, Amoeiro
Poesía

O vindeiro día 29 de xuño, día de San Pedro, Padroeiro da parroquia de Trasalba, procederase á entrega de premios do Concurso de poesía “Xamón, Pan e Viño” convocado durante o confinamento pola Fundación Otero Pedrayo e co patrocinio de COREN, VIÑA COSTEIRA e INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA PAN DE CEA.

O acto que se celebrará na biblioteca da Casa Grande de Cimadevila, ás 12,30 da mañá,  contará cunha presenza reducida (ao redor de 20 persoas, entre premiados, organizadores e convidados) e será retransmitido en vivo pola canle de youtube da Fundación.

Lembramos que os tres premios consisten en vales de produtos dos patrocinadores por importe de 1200, 700 e 300 euros, e que tamén se entregarán dous accesits con publicacións da Fundación a outros dous finalistas.

Os gañadores foron:

1º Premio ó poema “Conxurándonos”, presentado por Lucía Durán Paredes, de  Moaña, Pontevedra.

2º Premio  á composición “3 sonetos”, presentada por Manuel Martí Figueiras, de Cambeo, Coles, Ourense.

3º Premio  ó poema “Feitos de sal e terra”, presentado por Miguel Anxo Alonso Diz, de Vigo, Pontevedra.

Te puede interesar