Literatura
Presentación da nova versión en galego, traducida por Samuel Solleiro e ilustrada por Miguel Robledo, do clásico da literatura universal Frankenstein, editada por Aira Editorial.
Esta obra é a segunda (despois de ‘Vidas Imaxinarias’, de Marcel Schwob) dunha colección de Aira Editorial que naceu con pretensión de continuidade para achegar ó galego clásicos da literatura universal ilustrados.
Contará coa presenza de Miguel Robledo e de César Lorenzo, director de Aira editorial.