Evento

Samaín na cidade

31/10/2019
17:00 h
Ourense
Ourense. 31/10/2018. Samaín en el casco vello de Ourense con obradoiros de cabazas, maquillaje, microrrelatos, desfile y concierto en la Plaza Mayor.
Foto: Xesús Fariñas
As rúas acollerán hoxe diferentes actividades con motivo do Samaín

Numerosas actividades que comezarán pola tarde animarán hoxe o Samaín na cidade. 

Un obradoiro de baleirado de cabazas abrirá  ás 17,00 a intensa xornada que rematará de madrugada na Praza Maior coa actuación do grupo "Deabru Beltzak" e o espectáculo "Les Tambours de Feu". 
Pola tarde haberá diferentes actividades coma unha representación teatral sobre a orixe desta festividade e os obradoiros "Os bosques de petrogrifos" e "Os artesáns do castro".  Unha actividade de maquillaxe e feridas e outro de elaboración de chapas terán lugar antes do "Desfile de cabazas", que comezará  ás 19,00 na praza da Imprenta e que rematará na Praza Maior, onde haberá festa e baile con "Uxía Lambona e a Banda Molona".

Para a noite quedará a animación polas rúas a cargo de "Aperta" e "Trópico de Grelos" e o gran "Desfile da Santa Compaña", ás 23,30, que sairá de diferentes rúas da urbe como a do Paseo, Santo Domingo, e as prazas de San Cosme, Mercedes, Padre Feijóo, Saco e Arce, Correxedor e Carballeira.  

ONDE: Ourense
CANDO: Dende as 17,00 horas

Te puede interesar