Opinión

A bolboretiña do día | A Burga ou As Burgas?

En Ourense sempre falamos da Burga, aínda que sexan dúas, e para non matar moito a cabeza, dicimos “a de arriba” e “a de abaixo”, Se falamos de ambas, podemos dicir, tamén, “As Burgas”. Pero lembremos que é palabra xeral, non é exclusiva de Ourense, para falar de fontes de augas quentes. (En Baños de Molgas, Cuntis, Caldas de Reis, Teo, hai burgas). E trinta outros topónimos relacionados por toda Galicia. Algúns acentuados na última sílaba: Burgás, en Ourol, e Chantada; Burgáns en Cambados -hai un bo albariño con ese nome, segunda marca de Martín Códax-.  Recollen a palabra burga o dicionario da RAE e o de Estraviz, non o da RAG, que debería.  En italiano tamén se relaciona burga coa auga: ou ben cesto cheos de terra e pedras para impedir erosión de rios, ou cesto de vimbios metidos na auga co que os pescadores manteñen vivos os peixes. Que non proben aquí, mellor.

Te puede interesar