Opinión

A bolboretiña do día | O congreso de Cádiz

Rematou onte en Cádiz o IX Congreso internacional da lingua española celebrado baixo o lema de “Mestizaje e interculturalidad. Historia y futuro”. Supoño, porque se reúnen sabios, que a cousa será de ciencia e mérito. Pero hai que ter coidado coa comunicación pública dos traballos porque os medios devecen por noticias rechamantes. E así proxéctase a imaxe de que a mestura ilimitada é un ben en si mesmo, que todo vale. E eu creo que debemos ter claro que o cruce de burro e egua aínda que útil, é estéril. E así moitos híbridos. E as linguas non hibridan. Intercambian palabras –o vocabulario é categoría infinita—e dicimos wifi, fútbol, kiosko, fiordo, espagueti...—pero cando fan outras cousas, entramos nun proceso de glotofaxia, ou sexa que unha lingua coma a outra.

En fin, é natural mesturar no nivel vulgar e no rexistro coloquial, “acastrapar” linguas, pero son precisas variedades cultas elaboradas fixas, que non dependan de modas. Si, o reguetón pódese cantar como sexa, pero esa non é variedade para o ensaio, novela, ou prensa.

Te puede interesar