Opinión

A bolboretiña do día | Derrota e vitoria

A palabra derrota ten orixe militar, como tantas outras. En latín existían dúas palabras moi próximas, “rota” que deu roda, e “rupta”, participio de “rumpere”, romper. E das dúas primeiras palabras dunha expresión da guerra, “De rupta acies”, ou sexa “de rota a liña de formación” que pasou a significar “fuga desorganizada” formouse unha soa palabra: derrota.

Vitoria, pola súa banda, constrúese sobre “victor” máis “ía” que indica calidade. Así, sería a calidade do vencedor. E vitoria “pirrica” sería como aquela do rei Pirro, grego de Épiro, que tantas baixas sufriu na batalla de Asculum, contra os romanos, en 279 a.C. en que gañara, que ao acabar dixo: “outra vitoria coma esta e estarei vencido”.

Te puede interesar