Opinión

A bolboretiña do día | Fin

A derradeira bolboretiña do día.
photo_camera A derradeira bolboretiña do día.

O día dos namorados de 2020 empeceilles esta sección das Bolboretiñas das que publiquei  nas fins de semana, ata o día de hoxe, 541.

Un número calquera, pero que coincide co da estrada pola que moitos marchan de vacacións cara á costa de Pontevedra. Estamos a fin de curso e a fin de temporada. Toca, tamén, fin de sección. Xa lles dei moito a lata. Hai moitas bolboretas no verán, mellor corran detrás delas e gocen coa súas cores.

Espero que o teñan pasado ben, polo menos coma min escribíndoas. E, espero, que algunha vez dixeran “Ah. Claro, é así; nunca o pensara”.

Hai moitas bolboretas no verán, mellor corran detrás delas e gocen coa súas cores

Lémbrolles como derradeiro apunte, que en galegos temos dous fins. O que fala de finalidade e é masculino, “O fin destas Bolboretas era falarlle algo de lingua en ton distendido e lixeiro que complicada xa é a vida” e outro fin feminino que se refire ao final dunha serie, como o The End das películas. Exemplo ao pelo: “Hoxe chegamos á fin das Bolboretas. Graciñas pola súa atención. E gocen do verán”.

Te puede interesar