Opinión

A bolboretiña do día | Invención de palabras

Non é malo. Hai palabras con autor e outras que non. Se digo “motomami” todos pensamos en Rosalía de San Cugat del Valles. Se digo “carrito” ou “perrera” para referímonos ao autobús ou aos calabozos municipais, falo do creativo pobo de Ourense. Por que quen pregunta hoxe na parada do bus do Parque “Ola, sabe se xa pasou xa o carrito pra Cudeiro?”. E así hai palabras que veñen para quedar e outras, a pouco que pase o tempo, xa lle perdemos pista. A palabra “bocarribeira” invención de Otero Pedrayo, explicada por el no numero 14 da revesita Nos, en 1922, sinala “...un país de transición entre montaña e ribeira. É o que chamamos unha bocarribeira, con amplos horizontes cinguidos polo cerco lonxano de altas montañas, con costas que baixan cara o Miño”. Pero  tamén na revista Nós, no número 3, en 1920, inventa Vicente Risco unha palabra que hoxe vemos  como mais fermosa das nosas: solpor. A lingua é un intercambio de falantes e escritores. E ha seguir sendo.

Te puede interesar