Opinión

A bolboretiña do día | Remudar e remudas

Remudar, é si, da familiar de mutar, cambiar, con ese re inicial de insistencia Así, remudar é substituír unha persoa ou cousa, poñendo outra no seu lugar e función. “Hai que lle remudar a auga ás flores”. E de aí, o participio lexicalizado remuda, “Tes as rodas do coche lapadas, tócalles remuda”. Tamén, obviamente, é palabra aplicable por extensión metafórica ao mundo social, político ou deportivo “Cómpre unha remuda nas lideranzas para adaptarse aos tempos”.

E de aí, no mundo do deporte, esta debe ser a forma correcta para cada un dos cambios que se realizan nas carreiras ou probas onde cada membro do equipo realiza un treito, “Participa nas remudas de catro por cen masculino”.

Te puede interesar