Opinión

A bolboretiña do día | Submarino

Nube de palabras
photo_camera Nube de palabras
Os portugueses usan tres palabras como sinónimos para unha embarcación feita para navegar totalmente debaixo da auga: submarino, submersivel e submergivel. . E ao famoso Titán, onde uns ricos de máis arriscáronse de máis para ver en pantallas de plasma o Titánic (co nome parecido non podía acabar ben a cousa) chámanlle máis ben submersivel, se cadra reservando o de submarino para as cousas de máis entidade. E si. Submarino e pesca submarina, e non con eñe, igual ca en galego. Iso que nós tendemos a usar máis mariña ca eles, pois para nós, a mariña é tanto a parte da terra ao lado do mar -a mariña lucense, p. ex.- como toda relación co mar, fauna mariña, etc. E os lusitanos teñen o sinónimo case perfecto “marina”. Incluso, usan moito a palabra “marina” para os lugares de atraques dos iates -ao igual que en moitos linguas latinas e non latinas- e que creo, se cadra, nós debemos incorporar tamén.

Te puede interesar