Opinión

A bolboretiña do día | Tempo de disfraces

Chega o entroido -como sabemos de “intruito”, por introdución á coresma – e é tempo de disfrazarse. Ou sexa de pórse un disfrace, con e final entre nós. A palabriña é curiosa, e non está clara a orixe. Uns din que vén do “desfrezar”, con ese prefixo latino dis- que significa desfacer unha acción, e frezar que sería a acción de deixar marcas os animais na terra, relacionado cun “frictiare”, friccionar ou fretar. Ou sexa, sería borrar o rastro, ocultar a identidade. Un pouco rebuscado parece. Os portugueses din “disfarce” e o verbo “disfarçar” e algún supón poida vir dun derivado de “farcire”, que sería engordar un animal para a matanza. E como as roupas de disfrace adoitan ser amplas e con recheo… Tampouco é fácil de ver. O que é seguro é que varía moito dunha lingua a outra, iso de disfrazarse. O italiano, por exemplo, di “travestire”, o que non significa facelo do sexo contrario, senón só de cousa rara.

Te puede interesar