Opinión

A bolboretiña do día | Urna e furna

As furnas son covas e o seu uso especializouse entre nós,  nas da beira do mar. O dicionario portugués amplía a “caverna, antro, subterráneo, lugar escuro”, e existe o verbo “enfurnar”, meter nun lugar agochado; verbo moi próximo a enfornar, meter no forno. E si, ten relación furna co plural do latín “furnus”, forno. Pois, unha furna e un forno son cavidades con algún parecido.  Urna, claro, nada ten que ver. Vén da forma latina “urna” que era un recipiente de cerámica para líquidos, grans, votos ou cinzas.  O que algunha xente lle chamase “furnas” era por ultracorrección dunha ignorancia ortográfica, pensando que en castelán era con hache “hurna”, así pois “furna”. Mal.  En fin, se os monstros mariños viven nas furnas, das urnas pode saír, tamén, calquera cousa. En fin, risas fóra, úsenas ben. É o día.

Te puede interesar