Opinión

A bolboretiña do día | Vitoria-Gasteiz

descarga

Onte faláballes de que vitoria viña de vencer. O nome da capital vasca tamén vén de aí. O rei Sancho II de Navarra, en 1181 fundou a cidade sobre unha aldeíña preexistente (Gasteiz) e chamoulle Nova Victoria, por tema propagandístico na guerra que tiña con Castela. Afonso X chámalle nas cantigas dúas veces “Bitoria” e unha “Bitoira” para galeguizala máis. O nome de Gasteiz perdérase de todo -mesmo para os vascoparlantes- pero recuperouse en tempos modernos, e sobre todo na democracia oficializado e soldado, guión mediante, co de Vitoria. Así Vitoria-Gasteiz.

En galego, como sabemos todos xa, normalmente o grupo CT, perde o C cando,  seguen a un i ou un u. Así: vítima, ditado, e produto, conduto, etc. No nome da capital vasca, tamén se evaporou por desgaste ese ce, en castelán, así, Vitoria;  aínda que os que non saben ortografía metan o ce onde non deben.

Te puede interesar