Opinión

Estar de acordo

Opinión

Estar de acordo

Como se contesta afirmativamente a algo en galego? Repetindo o verbo.

-Está o rapaz na casa? 

-Está.

-Queres falar ben o galego? 

-Quero.

-Entendiches como é a cousa? 

-Entendín.

E non é cousa nova, pois xa facían así, repetiren o verbo, os romanos que non tiñan o adverbio afirmativo si. Hoxe xa o temos, nacido doutra contestación romana –Sic est-, “Así é”. Daquela nós tamén podemos usar o si. “E certo, si o chamou, que mo dixo el”. Pero para contestar, mellor repetir o verbo, é máis enxebre.