Opinión

Maios de onte, hoxe e mañá

Tal día coma hoxe, hai exactamente 98 anos este mesmo xornal recollía unha noticia sobre a festa dos maios de 1923 ben curiosa e que algúns sorprenderá. Dicía así:

En el paseo de la Alameda tuvo lugar ayer el concurso de Mayos organizado por la excelente revista Nós. Numeroso público acudió a presenciarlo, viendo con satisfacción como este año se resucitó una de las más antiguos y orensanas tradiciones.

Once mayos concurrieron al certamen y fue una pena que el dinero reunido por Nós no hubiese llegado para dar más que los tres premios anunciados porque en verdad había algunos otros merecedores de ser recompensados.

Ante el jurado, consituído por el Director de Nós, D. Vicente Risco; el profesor de Dibujo del Insitituto, don Jesús Soria; el representante del coro “De ruada”, Sr. Feijoo; el de la Asociación de la Prensa, Sr. Fernández Pérez, y nuestro compañero, señor Fernández Gallego, desfilaron los Mayos cantando sus coplas. Las había, en verdad, muy intencionadas.

Las elecciones con sus pucherazos, y chanchullos eran el tema de muchas de ellas; en otras se “metían” con la Diputación, el Ayuntamiento y otros organismos; no faltaban las de sabor antiguo, las de otros tiempos. “ Cando a Peringalla puxo a dulcería” que todos recordamos, de nuestros días de infancia; y por últiimo la censura más o menos acerba “contr’as rapazas d’hoxe”, era el estribillo de casi todas. Por unanimidad fueron premiados: Con el primero, el “mayo” presentado por Antonio González, castizo por la traza y más aun por la música. Con el segundo, el de Ricardo González, y con el tercero, el de Severino Rebollo, cuyas coplas, contando las peripecias sufridas a causa del “lock aut” (sic) de la Patronal, eran de gran donosura y gracia. El fallo fue bien recibido por el público, levantándose al acta correspondiente.

E que non nos sorprendan os cultos señoritos de Nós organizando a festa dos maios. Cando se recuperaron, en 1917, foi cousa tamén organizada polo xornal, “O Tío Marcos da Portela”, co apoio económico de Angelita Varela e o apoio da Irmandade rexionalista de Ourense. Pero a cousa non acabou coa guerra; igual que a Coral de Ruada e outras historias, avantou por riba dela. O seu máximo valedor, como todos sabemos, foi Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben-Cho-Shey, e grazas a el, na biblioteca da Deputación no CCMV (Centro Cultural Marcos Valcárcel), hai unha moi boa colección de coplas dos maios de moitos anos.

En fin, tamén hai un artigo curioso sobre “Os maios da ‘Peña dos sabios’” publicado por Clodio González Pérez no Boletín Auriense 20-21 de 1990-91 que reproduce un par de maios dos anos 1952 e 1954, escritos e mecanografados, seguramente, por Antón Tovar, que enreda coas tertulias e personaxes do momento. “É moi vangardista/ o Vicente Risco/ nos tempos da polca/ xa falaba de Kandinsky/ En fin, nunca nos comezos estiveron lonxe da iniciativa e autoorganización do mundo da cultura.

Agora toca gañar o ciberespazo. Parabéns á inciativa de “Cantádeme un maio”, que estivo nas redes animando a cantalos na casa e subilos, a ocupar espazos na rúa o día sinalado e que empata coa esa tradición. Tarxeta vermella ao Concello, claro, por nin tratar de reinventarse. Pero xa se sabe, onde non hai, non se saca. Nin querendo. Pero é que ademais, non queren.

Te puede interesar