Manuel Orío
RECORTES
El manicomio eterno
Hoxe cúmprese un século do nacemento de Pepe Conde Corbal en Pontevedra. Pero a filiación local déixaa clara na dedicatoria do libro “El Orense perdurable” na súa primeira edición, a de Gráficas Tanco, 1961, onde sinala “A mi padre, que era de Orense”. O seu vínculo, pois, coa nosa cidade sería permanente desde que enredaba de neno no Pazo de Ramirás, daquela propiedade do seu avó José Conde.
E choutemos aos anos finais dos cincuenta en que Pepe comezará a súa traxectoria de pintor con exposición das súas obras no Liceo, no Museo Arqueolóxico e na Troya. Daquela trouxo paisaxes da costa e escenas mariñeiras que complementaría con vistas urbanas de Ourense e vilas e monumentos do interior da provincia. Lean a primeira entrevista da súa vida, a que lle vai F. Álvarez Alonso en La Región, o 14 de novembro de 1958. Está na rede, na hemeroteca de Galiciana.
E o ano 1960 será un ano marabilloso para o pintor e para o xornal que, arestora, vostede está lendo. Cumpría daquela os seus primeiros 50 anos de vida e foron moitas as iniciativas tecidas por Ricardo Outeriño cos amigos e colaboradores ata faceren o espazo máis culto e vizoso da prensa galega.
A finais de marzo inícianse ou toman novo pulo, varias seccións. “En busca del Orense perdurable”, con debuxos de Pepe Conde Corbal (PCC en adiante) e Vicente Risco –no outono hai algún texto tamén de Ferro Couselo-e que se publicaría aos domingos na primeira páxina do xornal. Algúns fotolitos en branco e negro –feitos sobre orixinais en branco e negro ou en color, non temos claro-sairán reproducidos en varias ocasións no xornal e logo xuntos na primeira edición do libro “El Orense perdurable”, pero non así na segunda, feita pola Deputación en 1980 -con debuxos monocromos de 1977 reproducindo os mesmos espazos-nin na de 2009 feita pola Fundación Vicente Risco, cos mesmos debuxos que a anterior, pero suprimíndolle a interesante achega de Ferro Couselo “Itinerario histórico y artístico del Orense perdurable” que na primeira abría o volume, despois do texto de Otero Pedrayo, e que na segunda, pechaba o mesmo.
A segunda novidade será o novo deseño da sección “Del Orense antiguo” de Otero Pedrayo onde xunto coa recolección de anécdotas, sucesos e personaxes da cidade, levará ata o outono, debuxos –un, dous ou tres- de PCC, (tamén, en ocasións de Tomás Bóveda), a propósito do evocado no texto. Estas achegas publicábanse en lugar destacado dunhas extraordinarias páxinas culturais co epígrafe común de “Artes y letras”, xunto co artigo de Vicente Risco na liña de “El Orense perdido” aínda que sen o vello título da sección.
A terceira sección máis ou menos fixas, tamén dentro destas “Artes y letras” sería a da serie de 50 contos seleccionados no concurso ao efecto dos 50 anos de La Región. Aquí, as ilustracións, moi maioritariamente son de PCC -tres ou catro por conto- aínda que tamén hai doutros debuxantes veteranos e novos –Tomás Bóveda, Veiras (Alexandro R.), Eduardo Gutierrez, Xaime Quesada (JQ) e Virxilio, entre outros).
A cuarta sección que se consolidará cun debuxo dun vendedor de prensa de PCC como cabeceira da mesma, é un repaso polas noticias máis rechamantes e simpáticas de había 50 anos. Tamén, tres ou catro debuxos de PCC ornan cada entrega do mesmo xeito que na sección de Otero.
A quinta sección comezará en abril , tamén con cabeceira debuxada por PCC co texto “¿Y Vd. que opina?” no que se consultan personaxes públicos sobre algún tema. Na primeira entrega (10 de abril) foi sobre o retranqueo do Museo Arqueolóxico na confluencia coa Praza Maior.
Si. “Arte y Letras” é unha sección que merece unha monografía pola súa inmensa achega á nosa cultura escrita e visual, na que Conde Corbal tería un papel destacadísimo.
Só un dato como exemplo, no número de LR do 26 de xuño de 1960 aparecen nin máis nin menos que 32 dos seus debuxos. A saber, retratos de Risco, Otero, Ferro, Xocas, Padre Feijoo, Parada Justel, Benito Fernández Alonso, Curros Enríquez, García Ferreiro, Vázquez Núñez. Claustro de San Francisco, Mosteiro de Celanova, ábsida de San Xoán e Praza maior de Ribadavia, Santa Comba de Bande, tres vistas da Catedral, Praza da Magdalena, Fonte de San Lázaro, Santa Eufemia, Santa María Madre, a Trindade, Ponte Vella, Fonte do Parque de San Lázaro, Castelos de Monterrey e Ribadavia e uns debuxos de historia: un dolmen, vivendas castrexas, vaso campaniforme, uns romanos e uns machados de bronce.
Grande e prolífico artista e colaborador desta xornal. Benzón no centenario.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Orío
RECORTES
El manicomio eterno
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Del AVE al BVE (II)
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Correr
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Cuando el general Juste venía al cuartel de San Francisco
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Jorge Cuesta deja el Arenteiro y el relevo podría ser Juanfran García
IMPULSADO POR HÍBRIDOS
Ourense firma el mejor arranque de año en ventas de coches desde 2023
ESTABILIZACIÓN DE LOS PRECIOS
La gasolina renace con el máximo consumo en 16 años
HUELGA INDEFINIDA
O’Mega pide limitar a 33 el número de pacientes diarios en la sanidad