Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Sacrificio paternal
Debía correr o ano do Noso Señor de mil novecentos oitenta e algo e eu, por tema de estudos na Universidade, andaba a facer un traballo sobre o que noutrora fora o mosteiro de San Miguel de Bóveda, en Amoeiro. Daquela era a casa de Faustino, o fillo do último caseiro do que fora convento. Logo da desamortización do XIX, a familia Mascareñas fixérase coa rendas e co edificio, e despois da extinción dos foros, alá nos mediados dos anos vinte do século pasado, a propiedade entrara en situación de práctico abandono. A historia fora bastante simple. Este pequeno mosteiro cisterciense feminino fundado onde houbera un cenobio prerrománico -cuxos restos rescatou Juan Carlos Rivas para o Museo-, logo da fundación en 1068 e esplendor no XII-XV, pasou a ser unha granxa, un priorato -como se chama hoxe o núcleo de poboación no que se asenta- do mosteiro de San Clodio.
En época barroca tivo obras que converteron as naves en vivendas para os frades, trasladaron o tímpano de Sansón e o león da portada sur, e unhas columnas e capiteis do interior das naves a unhas casas en Turei, e quedara a fermosa ábsida exagonal como capela. Sobre os dereitos a misar nela e o seu control houbo un certo contencioso porque unha vez adquirida a propiedade polo familia dos caseiros, o párroco de San Paio de Bóveda (Amoeiro) invocou uns supostos dereitos que o asistirían, cousa que nunca fixera cando era dos Mascareñas. O caso é que, ofendido Faustino e moi mal aconsellado, a solución veu da man de Fermín Chaparro: daquela -1949, creo- uns barrenos situados no medio da capela fixeron que saltase polos aires. Filosofía palleira de “morto o can acabou a rabia”.
Os restos decorados -mesulas, columnas, capiteis, remates...—usounos o propio Fermín nos balcóns da súa casa de Lodeirós, en Vilar de Astrés, e un dos arcos exteriores e as pilastras do arco de triunfo de acceso á ábsida foron recolocadas como disparatada porta de entrada ao anticuario Ros, na avenida de Zamora, 130, de Ourense. O estragador proporcionounos daquela a única foto que se conservaba da ábsida aínda en pé, e que publicamos nas VIII Xornadas de Historia de Ourense que organizaba o profesor De Juana, no Ateneo, a mediados dos noventa. Ambos estaban arrepentidos da “solución final”.
O caso é que percorrendo as cortes do caserón, dei coa lápida mortuoria de Fernando Oduáriz, falecido en 1069, da familia dos fundadores. E buscando datos do mesmo, vin no catálogo dos documentos da Catedral de Ourense, de Duro Peña, a noticia de que o seu testamento estaba alí. Total, que fun ao Arquivo da Catedral, conteille a don Emilio o asunto, buscou o documento, sentou á máquina de escribir e transcribiumo. O certo é que subindo unhas escadas de madeira que renxían de madeira que me levaban ás salas de arquivo, tiven a impresión de que entraba na película “El nombre de la rosa” e estaba perante un home sabio, xeneroso e escuro que vivía para os seus documentos.
O Arquivo da Catedral de Ourense é un dos monumentos principais do noso pasado histórico. Non é algo que só afecte á Igrexa Católica -a quen lle debemos agradecer a súa conservación ao longo destes mil anos- senón incumbe a toda a historia de Ourense, Galicia e España. Por iso deben as institucións todas esforzarse en coidar ao máximo tamén esta xoia. Non é cousa de construír unhas instalacións tan magníficas como desescaladas para Arquivo Histórico Provincial e deixar que se derrame a documentación do Arquivo Catedralicio. Toda a miña simpatía e apoio a don Luís Manuel Cuña, actual responsable do mesmo.
Nota de rectificación:
En relación con el artículo de opinión publicado bajo el título "Unha visita ao arquivo catedralicio" y firmado por Afonso Vázquez Monxardín, aclarar que a petición de la familia del aludido, publicamos el siguiente texto: "Nunca el fallecido D. Fermín Vázquez Blanco (“Chaparro”) puso ningún barreno en la capilla de San Paio de Boveda (Amoeiro), las ménsulas y columnas a las que se refiere el artículo fueron compradas legalmente a la iglesia católica por la madre de D. Fermín Vázquez Blanco (“Chaparro”) estando catalogadas por Patrimonio formando parte integrante del Pazo de la Bouza sito en A Bouza, Vilar das Tres, Orense, pudiendo ser visitadas por cualquier persona interesada en el estudio de las mismas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Sacrificio paternal
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Unha grata sorpresa de David Gesteira e Miguel Robledo
Julia Navarro
Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces
Luis Sotelo
O AFIADOR
Garantistas de sí mismos
Lo último
POLÍTICA NACIONAL
Lage Tuñas en el centro de la polémica
ECONOMÍA Y VIVIENDAS ESPAÑOLAS
El Banco de España mejorará su previsión para 2025 y 2026
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 20 de diciembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 20 de diciembre