Opinión

A Deus rogando...

Ena leira sachando. Non hai nada que desmoralice máis ó persoal despois dunha catástrofe (ou unha guerra) que os “ay Dios mío” (tan socorridos para non botar unha man e quedar ben ó mesmo tempo). O fatalismo, tan instalado no noso acervo cultural, nos nos sacou nunca dun apuro. Inmoviliza e desmoraliza ós demáis. E non mellora nada. Estes dias (unha vez pasado o peor), non escasean os “agoreiros”. Nada mais sair, xa nos están a "bombardear" co seu pesimismo. Calma… Xa sei que o trauma é grande. Pero podería ter sido peor. 

Hai xente dende décadas mergullados en guerras cruentas, fames, epidemias, persecucións e unha chea de desgracias que non lles desexaría eu ó meu peor enimigo. E de todo se sale. Ata da casa, despois de máis de 40 dias de confinamento, encerro, retiro (ou como lle queira chamar cada quen). Non imos sairmos e atopar o "paraíso" ós nosos pes. Ainda que o primeiro día de saída ben semellaba tal (tamén hai que saber mirar…). Por suposto, haberá que arremangarse e traballar de arreo (por ún e polo próximo). Todos xuntos. Ninguén espere que se lle regale o seu futuro. Depende do que fagamos. Coma foi sempre. E o que tiñamos non estaba precisamente ben que digamos. Velaí os resultados. 

O principal erro: a falta de responsabilidade (individual e colectiva) e de sentido común (sentidiño). Pensar que as cousas vanse arranxar solas (ou xa no las arranxará alguén: así, pola cara) denota unha tremenda ingratitude para toda aquela xente que o deu todo nestes aciagos días. Non tal. E se algún di que no ño vai solucionar "gratis”, mal asunto (coidado coas carteiras). Hai que cambialo “chip" (si ou si) e pensar non tanto en qué podería facer o Estado, a comunidade ou a familia por nós, senón (pola contra), pensar en qué podemos facer nos polos demais. E dalo todo. So así se sae das guerras (e das finais de futbol). Hai que sair a gañar. 

En canto os agoreiros enfermizos que tanto lles gusta chamar a atención (especialmente nos medios) coas suas queixas (e "aiaiais"), eu non lles prestaría demasiada atención. Sempre hai xente así (ata bas festas). Pero eu querería citar unha frase que dicía moito o meu avó Desiderio (e que lle valeu para superares unha epidemia, tres guerras e unha dictadura): "Se podes falar ben, fala. Se non, cala”. Pero en fin: libre albedrío. E que cadaquén se monte a película que lle veña en gaña. As reclamacións, ó "maestro armero” (como dicían na mili cando alguén se disparaba nun pe). Todo se andará. Tempo ó tempo. Deica.

Te puede interesar