Opinión

A día de hoxe

No rural seguimos a esperar o “Plan Marshall” que nunca chega. Faise esperar. Media período electoral intenso. E, sen afán de interferir nas prioridades de cada ún, e xa que tod@s @s axentes sociais semellan moi interesados no tema, sempre podemos proponer algnhas liñas de actuación (a espera da visión de futuro estratéxico que temos que ir argallando: cara onde ir xuntos).

Primeiro: todas as propostas dos diferentes partidos semellan beneficiosas para dar pulo a zonas deprimidas. Ademáis costarán pouco (non se alarmen os contribuintes) porque en canto vaian dirixidas ós habitantes do rural non terán moita “clientela”. E sí moito rédito electoral. E cando afecten a moitos beneficiarios xa non serán necesarias porque será que xa vivirá máis xente no rural. Dun xeito máis práctico (e polo que nos afecta), hai rutas con maior probabilidade de éxito que, favorecidas por estas medidas de carácter xeral, nos poden levar a manter o noso territorio poboado e aproveitado dun xeito sostible nun futuro próximo. Aproveitemos o vento en popa (mentras dure).

Segundo: a chave está na incorporación de novos poboadores (xa que fracasamos en fixalos nas zonas máis desfavorecidas). Especialmente nas zonas de montaña e no “segundo círculo” de concellos arredor da capital da provincia. Zonas que foron moi duramente castigadas pola incorporación á Política Agraria Común (e as súas consecuencias sobre o sector lácteo que perviviu ata o 86) e que fixo que as rendas se desplomaran nestas zonas, expulsando á poboación. O obxectivo sería a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais (agora en estado de semiabandono e sometidos a un continuo e desordenado expolio) e das infraestructuras e equipamentos xa existentes (infrautilizados) para garantir o seu aproveitamento sostible . Os novos poboadores farían posible un “óptimo de despoboación”, que é a cantidade de poboación suficiente para garantir o funcionamento e manteñemento óptimo dos servizos, equipamentos e infraestructuras. En moitos casos, o turismo pode ser crucial para o reforzo e sostenibilidade destes servizos e equipamentos. E hai que contar co efecto que a chegada do AVE pode ter na afluencia de visitantes de fin de semana. A provincia reúne as condicións para ser un destino preferido de moita poboación da área metropolitana de Madrid. Unha oportunidade para a que compre estar preparad@s. Pola estructura minifundista da nosa propiedade (e mentalidade) as pequeñas iniciativas que aproveiten nichos de emprego nestas zonas poden xerar máis rendas nos habitantes do lugar que as grandes inversión feitas por grandes empresas. Para eles a nosa provincia é un “pesadelo estratéxico” e loxístico (sempre foi así o conto). Pero é necesario poñer en valor o parque de vivendas abandoadas (decenas de miles na provincia) e fixar nova poboación con novas actividades pero incorporadas ´ó noso entorno de sempre e ó noso xeito de entende-la vida. Estamos a velo todos los días. Non temos grandes problemas de convivencia nas zonas deshabitadas. E empezarían a ter un efecto económico “en cascada” hacia as zonas máis poboadas, onde se beneficiarían das subidas de rendas nas zonas agora despoboadas.

Concretando máis, e sen abrir moito a boca, bastaría nun principio con buscarlle poboadores a tódolos núcleos deshabitados da provincia. Que non haxa nengún enclave (e o seu contorno) valeiro ou sen función. Sificiente para empezar. E con efectos inmediatos sobre a economía local. Despois xa falaremos do día de mañá…

Te puede interesar