Opinión

Aviso para navegantes (fuxan os tempos)

Os agoreiros din que o futuro da provincia está comprometido. Non tal. Aínda hai moito que rascar. E as prediccións están baseadas en constantes que poden mudar dun xeito imprevisible. É a vontade humana a que fai a historia e non as profecías dos expertos. Cada ún dende o seu lugar, dende o seu posto pode ser parte deste cambio. Todos sen excepción formamos parte do problema e podemos ser parte da solución. 

Non pensemos que ninguén no lo vai solucionar pola cara. En primeiro lugar porque o que nos venden como gran problema, a despoboación, para nós, os do rural, non é tal. É una mágoa, dende logo. As aldeas están valeiras, as casas xa ameazan ruina, os camiños e corredoiras están cheas de broza. Non se ve un neno. Se o visen os nosos antergos morrerían outra vez coa mágoa de velo todo derramado. Pero eran outros tempos e hai que mudar con eles. Hai que ir co mundo. E non. Calquera tempo pasado non foi mellor. Non nos deixemos levar pola nostalxia e a saudade. 

A estela que deixa un barco ó seu paso non marca a ruta. É o timonel co esforzó coordinado da tripulación. E non hai volta atrás. A estela é bonita, incluso da gañas de guindarse do barco e megullarse nela e quedar alí, no medio do mar do pasado. Coma náufragos. A singladura é incerta. Velémonos de quen nos ofreza solucións fáciles ou prometa tesouros agochados nunha illa deserta. Fuxamos das receitas máxicas de aprendices de bruxo ou das quimeras dos piratas ó uso. Hai toda unha morea de posibilidades que hai que escudriñar dende o lugar de cada un, dende cada posto. 

O vixía tampouco é quen para marcar o rumbo, pero debe manter informado ó capitán, que é quen toma as decisión e se responsabiliza das súas consecuencias. E onde hai patrón non manda mariñeiro. E menos os mariñeiros de terra adentro coma nós. O tempo pasa (tempus fugit) e non hai nada que esperar nen tempo que perder. Pero cada cousa, cada decisión ó seu tempo. Ese feroz xuiz… que porá cada cousa no seu sitio e levará cada singladura ó seu porto seguro (ou correspondente naufraxio). Non hai nada escrito. Depende de nos. Cada un no seu posto, cada un no seu lugar. Chámase libertade. Non confundires con iren ó pairo, que non é igual (é parecido).
Oh, capitán, mi capitán!

Te puede interesar