Opinión

Post-rural: atención á diversidade

Levo uns días coa casa chea de post it para non esquecerme de nada importante. Os post it serven para lembrar algo. O que podemos olvidar e convén ter presente. O que xa pasou: o século XX, outra época. Un mundo ordenado (no que nacimos moitos), racional, productivo, pero tamén ríxido e pesado. Logon viñeron os ‘Post’ para lembrar aquél tempo que xa foi (e xa non é). Post modernidade ou post industrial expresan as notables diferencias entre o pasado e o presente. Eso, unido á globalización (quedounos o planeta pequeño), e á Sociedade de Información (que alterou totalmente as nosas vidas) fai que haxa que lembrar o que pasou no paso da modernidade industrial ó mundo no que xa estamos agora (que xa é presente).

Por exemplo, antes tiña sentido falar de rural e urbano como sociedades diferenciadas (aínda que estivesen conectados de feito complementario).
O rural, producindo excedentes de materias primas e recursos humanos para o urbano. E, sen embargo, unha apéndice sempre da cidade á que viste e alimenta. No noso caso, a modernización tivo problemas no rural coa estructura da propiedade, a mentalidade minifundista e individualista, etc… 
Os postmodernos chegaron ó rural a partires de finais dos 80, en forma de neorrurais. Xente que apostaba noutro xeito de vivir con outra escala de valores.

En moitos casos foron o fío conductor da cultura local, dándolle valor ó que para os nosos paisanos non tiña (por común e habitual). Deixaron máis pegada no rural que o fenómeno hippie de finais dos setenta, con experiencias moi variadas. A presenza destes neorrurais non afectou (cuantitativamente) o máis mínimo ás poboacións do rural. Unha mosca non fai verao. Pero a importancia cualitativa desas experiencias de “simbiose”e convivencia, entre persoas de diferente extracción social e procedencia xeográfica, produxo beneficios para ambaladúas partes. Unha aprendizaxe conxunta que favorece acoller novas inicativas agora que a ruralidade, entendida como comunidade rural, xa morreu. Os habitantes do rural temos en común o espacio e tempo que compartimos cando nos atopamos por casualidade. Semellante ó que ocorre nas cidades.

Estamos xa no post rural. Non queda caseque nada do tecido social tradicional. Pero segue a ser un territorio diferenciado. Con grandes recursos paisaxísticos e patrimoniais e moi pouca poboación. A baixa presión da poboación sobre o territorio é a principal causa deste estado de conservación. Non hai mal que por ben non veña. En canto á diversidade que se aveciña nos espazos postrurais, non é moi diferente da que hai nas ciudades. Pero segue a haber moita menor densidade (vémonos  a diversidade é menos problema que nunca. O control social exércido polo grupo e xa non é o que era. Cada ún fai a súa vida, e se fai falta axuda pois para eso estamos. Esa tolerancia casaba mal coa visión obsesiva da sociedade industrial por facer productos masivamente cun molde. Eso acaba coa diversidade. E puxo nun apretó ós nosos paisanos, que tiveron que emigara. Matounos como sociedade rural tradicional. A entrada na Unión Europea e o seu impacto sobre o sector gandeiro rematounos como empresa viable. As subvencións europeas que deberían equilibrar a situación caseque nunca se empregaron nestas “areas deshabitadas”. Para quén facer infraestructuras onde non hai xente? Pero eso xa foi. E nas xa valeiras aldeas e lugares (onde nos podemos atopar unha vez por mes) os veciños seguimos decindo con moita retranca: “Aiquí ou vivimos todos ou non vive nadie”. Atención á diversidade. Post it.

Te puede interesar