Opinión

Sementando futuro

Nas aldeas espalladas por toda Galicia a vida segue. Chega o tempo de sementar. Hai que ir co mundo e coas estacións. Non hai outra. Sabémolo ben. Cada cousa no seu tempo. Unha “guerrilla” espallada e desorganizada (pero moi eficiente) “ataca” a fame coas armas que ten, as súas mans, ferramentas e maquinaria de todo tipo. Con buzos de colores, pañoletas, viseras de publicidade (e ata mascarillas), paseniñamente vaise tornando o verde dos ermos no marrón de terra traballada. Coma sempre. Buscando unha mínima seguridade alimentaria na proximidade das casas. Ata o de agora non máis aló dos 500 metros. Nembargantes, a meirande parte dos alimentos que consumimos (que semellan feitos de plástico) viaxan centos ou milleiros de kilómetros.

Moitas veces para traer cosas que aquí se dan ben (ou mellor). Visto o visto non soa nen eficiente nen moi seguro. Protexer unhas normas de calidade está ben. Pero cando o resultado (buscado ou non) é favorecer a grandes productores de lonxe ós que non coñecemos de nada, estamos deixando á xente sen poderse buscala vida. Non son os trámites burocráticos nin as  regulacións (que só entenden xuristas de birrete) as que van traer a comida as casas precisamente. Baixemos a realidade más terrenal e cotiá. A o pequeno contorno. As ciudades precisan de producto local fresco e de tempada. Máis que nunca. Os paisanos, rentas para poder seguer adiante. Sen tanta burocracia e intermediarios. Quén controla a os “grandes”. Quén controla a quén? Quén controla máis? Os dabaixo ou os darriba? Xa falaremos diso (e doutras cousas) cando isto pase.

Levantemos un pouco a man sobre os “escravos da terra” para que poidan facer o seu traballo de sempre sen tantos atrancos

De momento, a sementar de todo (tamén esperanza). E sementar algo de máis. O “sobrante” que se comparte entre familiares, veciños e visitantes. O “rianxo” que antes se vendía en feiras e mercados. Penso eu que, dentro dos 500 metros (xa aumentarán a distancia), a ningún deses infinitos herdeiros/propietarios (que hay décadas que nin se pasan polos eidos nin para ollalos) lles terá moita conta que, polo de pronto, se roteen para producir alimentos básico (xa o estamos facendo). Canto sentidiño… A posta en acto da “función social da propiedade” consagrada na nosa Constitución. Eso xa estaba inventado. E non teñan medo que a propiedade non a van perder. Se acaso cando algúns retornen despois desta amarga experiencia, atoparán os seus eidos listos para seguer producindo. Máis eficiente que complicados tinglados de bancos de terras deseñados polos expertos (entre os cales me conto). A quén se fai mal?

Haberá moitos novos residentes. E toda esa parafernalia de moda (tan “guay”) da “España vaciada” e as macropolíticas de apoio a repoboación (que ata o de agora non se viron) xa virán (se fan falta, que igual non). Levantemos un pouco a man sobre os “escravos da terra” para que poidan facer o seu traballo de sempre sen tantos atrancos. E o demáis virá por engadidura. E namentras cantemos (espero que nos deixen) aquello de: “Sementar sementarei o millo de crarear en canto no pobo quede un meniño, un vello e un cantar”. Deica.

Te puede interesar